miércoles, 24 de junio de 2009

Os elexidos

A regata do pasado día 13 de xuño veu a decidir que entraba no grupo dos elexidos. Os afortunados en formar parte da gran final . Nas dúas anteriores regatas se resolveran tres das cinco prazas da final. Esta última regata decidia as duas últimas prazas.
Os ingredientes da tarde catro tripulacións dispostas a dalo todo para entrar na final, un esplendido día e vento, bo vento.

Na primeira manga, despois do sinal de saída, Manuel Veiga e Julia Mencía conscientes de quen da primeiro da dúas veces, dominaron a manga de principio a fin. Saíron ben seguidos de Xabier Rosas e Manuel Guimarey (sustituindo a Ton), Jesús e Xabi e pechando o grupo Javier Marrero e Alberto. Pasaron a primeira boia, despois do tramo de cinguida Manuel e Julia, con unha certa distancia con respecto a Xabier e Manuel, seguindos non moi lonxe de Xabi e Jesús.
No último lugar ian Javier é Alberto que o saír en última posición non conseguiron conectar cos terceiros en ningún momento, navegando en terreno de nadie en toda a manga.
Manuel e Julia non estiveron en ningún momento presionados, xa que por detras se estaba disputando unha dura pelexa. Xabier e Manuel, foron no superados no tramo de vento de popa por Xabi e Jesús, recuperando no tramo de través. Posición que perderían no segundo tramo de cinguida. A distancia que os separaba na saida da segunda boia foi reducida no tramo de popa, imprimindo unha forte presión sobre Xabi e Jesús no tramo de través. Xabier e Manuel fixeron un intento final o meterse entre eles e a boia de meta, que mereceu unha foto final. Finalmente a segunda posición foi defendida por Xabi e Jesús nunha pelexa das que fan afición.

Manuel e Julia saíron en segunda posición na segunda manga, precedida de Javier e Alberto. Estos perderian a posición a saída do tramo de cinguida. Parecia que Manuel e Julia dominarian de novo a manga a pracer, pero tiveron uns duros competidores en Javier e Alberto que os presionaron de tal forma que chegaron a abordalos na segunda volta na boia final do tramo de popa. Non conseguiron o primeiro lugar, tampouco a clasificación, pero Javier realizou unha gran actuación neste campionato, confirmando unha evolución que hai que ter moi en conta en futuras edicións.

Por detrás se repetia a dura pelexa da primeira manga entre Xabier e Manuel contra Jesús e Xabi. Nesta ocasión o pulso o gañarian Xabier e Manuel cunha bonita pasada in extremis no tramo final de traves da segunda manga.

Despois das duas mangas entraban dentro do grupo dos elexidos Manuel e Julia e Xabi e Jesús. Estes dous últimos estaban empatados a cinco pontos con Xabier e Manuel e Javier e Alberto. Os arbitros despois das dúas peticións de penalización contra Xabier e Jesús só deron por boa unha, polo que pasaban o ter a mellor posición dos tres na primeira manga.

Bo preludio da gran final. Felicidades os gañadores

No hay comentarios:

Publicar un comentario