jueves, 4 de junio de 2009

Primeira eliminatoria do Campionato

O pasado 30 de maio deu comenzo a segunda edición do Campionato-Escola de primaveira. Despois do exito do ano pasado, a segunda edición promete ser tan entretida e competida.
Hai unha serie de diferencias coa edición do ano pasado que fan o campionato moito máis emocionante, como é o formato da competición. Este ano non vai a disputarse mediante unha liguilla, senón mediante eliminatorias. Ademáis se van a facer dúas mangas por día, o cal permite que os resultados sexan máis xustos.

A primeira manga foi dominada por Benito e Alberto, realizaron unha moi boa saída colocandose xa dende o principio na primeira posición, non abandoando esta ata o final da manga. Aproveitaron o vento frouxo e intermitente que había neses momentos no triángulo situado moi preto de terra, xusto en frente da praia de Deilán. Esta ventaxa foi crecendo según os foi impulsando o vento, non dando opción de ser collidos por ningún dos seus perseguidores. Só cometerón un pequeno erro, tocando unha boia nunha das viradas penalizando un punto por elo.
Ton e Xabier forón os segundos en cruzar a meta, demostrando que van a ser outros dos animadores do campionato, non esquezades que forón segundos o ano pasado. Sairon ben colocados, non cometeron grandes erros, salvo tocar unha boia, mostrandose moi solidos durante a manga. O vento non lles permitiu acercarse a Benito e Alberto.

Os terceiros en cruzar a meta foron Manuel e Jose Lúis, despois dunha manga irregular. Sairon mal, en cuarto lugar. Conseguiron acercarse os seus predecesores na primeira volta e sairon do segundo tramo de ceñida en segundo lugar. Pero perderon ese posto en favor de Ton e Xavier no tramo de vento de popa. A desconcentración do patrón, máis preocupado das cuestións organizativas, que das cuestións deportivas os levaron a obter ese resultado.

María e Jesús sairon ben, pero non conseguiron dar cos rumbos adecuados para loitar polos postos de honor, polo que se tiveron que conformar coa cuarta praza.

Desta manga só queda facer mención de Carlos e Teresa, que era a primeira vez que participaban no campionato. Sairon en último lugar, posición que non lograron abandoar en ningún momento.

A manga non estivo exenta de polemica, xa que o arbitro (Adrián) colocou a segunda boia moi cerca de terra, e co pouco vento que había nese momento impedia acadar esa boia con facilidade. O darse conta do erro, decidiu mover a boia no medio da manga e sin que tódolos barcos pasaran por ela. Polo que a impugnación da manga estivo rondando o ambiente.

Para a segunda manga, se modificou a posición das boias, colocando o triángulo máis no centro da ría, e como o vento a esas horas subiu de intensidade, esto permitiu máis vistosidade.

O dar a saída, dende atras Benito e Adrián sairon moi fortes. Pero esta vez o resto non se deixaron sorprender, saindo moi ben. Só se quedarón un pouco máis rezagados Manuel e Jose Luís que pasaron apuros para cruzar a liña de saída. Este primeiro tramo estivo moi apretado, pero Benito e Adrián cruzarón a boia en primeira posición e Manuel e Jose Luis no último lugar. Parecia que a manga ia ser moi parecida a primeira, pero manuel e Jose Luis comezaron unha remontada no tramo de popa que os lebou o terceiro lugar no comezo do segundo tramo de ceñida onde se decidiría a manga. Este tramo foi determinante con catro barcos moi próximos ente sí, sentindo as súas tripulacións que calquer decisión podería dar ou quitar a victoria. Benito e adrían decidiron abrir moito o rumbo e facer só unha virada nese tramo, Maria e Jesús e Ton e Xabier e Carlos e Teresa decidiron ir máis directos hacia a seguinte boia. Manuel e Jose Luis vendo que o vento os levaba con forza tomaron un rumbo aberto, moi parecido o de Benito e Alberto. Coa disparidade de estratexias o que tomara a decisión de virar no lugar adecuado se levaría a manga. Manuel e Jose Luis viraron de forma que Benito e Adrián só puderon pasar en segunda posición pola boia que daba paso o tramo de vento de popa. Despois pasaron Carlos e Teresa, posición na que remataron. O cuarto posto foi novamente para María e Jesús, quedando en último lugar Ton e Xabier, moi incomodos con unha botabara en mal estado.

Como resultado das dúas mangas se clasifican para a final Benito e Alberto, como solidos candidadtos a victoria final. Tamén se clasifican Manuel e Jose Luis, despois da brillante remontada da segunda manga, pero coa necesidade de mellorar nas saídas si queren ter opcións de facer unha boa actuación no campionato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario