sábado, 6 de junio de 2009

Saída turbulenta

Cando o venres. Manuel Veiga, me chamou para concretar algunhas dúbidas sobre o campionato confesoume que a clasificación lle parecia que ia ser dura e me deu a sensación que el non estaba vendose clasificado para a final. Eu creo que sacou esa conclusión cando lle dixen que só ia pasar un equipo a final. Curiosamente foi o seu equipo o clasificado para a final, con nada menos que un 1º posto na primeira manga e un 2º na segunda.

Pero si recordaremos esta segunda regata do Campionato-Escola de Primaveira será polas dúas (mellor dito tres) saídas protagonizadas polo equipo de Manuel Vidal. E cando digo recordar, non será por que sexán un prodixio da destreza e espectacularidade, senón máis ben polo contrario. Na primeira manga cando tólolos equipos estaban esperando o sinal de saída Manuel Vidal e o seu proel (Manuel Guimarey) estaban nunha posición prácticamente en liña coa liña imaxinaria que define a boia e o barco de saía. Tanto, que os outros equipos reclamaron o xuiz (Adrián) a súa penalización. O arbitro determinou que o barco non atravesara a liña, polo tanto a posición de saída era correcta.

Na segunda saída a polemica subiu un grado, co mesmo equipo de protagonista. Os Manueles maniobraban para obter unha posición ventaxosa con dubidosa elegancia, facendo viradas e contraviradas sen ter moi en conta os rumbos dos demáis barcos. Esto se traduciu nun enganche en primeiro lugar e máis tarde, nunha abordaxe con tres barcos afectados. Esto fixo repetir esta segunda saída, e afectou a boa imaxe e respeto que os seus competidores tiñan dos dous Manueles.

Estas situacións polémicas, foron aproveitadas o máximo polos Manueles para clasicarse para a final. Na primeira manga, a saída lles permitiu colocarse en primeiro lugar dende a saída seguidos de preto de Manuel Veiga e Julia Mencía. Estos presionaron os Manueles en certas fases da manga sen obter resultado, quedando estos de segundos.

Por detras Jesús e Xavi intentaron coller a Manuel e Julia pero non obtendo resultado ningún resultado positivo.

Os que non tiveron opción foron Javier e Benito que tomaron a saída en última posición, e nesta mesma atravesaron a meta.

A segunda manga, despois do incidente comentado, tivo unha segunda saída que foi aproveitada por Jesús e Xavi para sair en primeira posición. Moi preto deles sairon os Manueles, conseguindo sair en segundo lugar. En terceiro lugar sairon Javier e Benito, quedando en último lugar Manuel Veiga e Julia, a raiz do cal se lles escoitou discutir encendidamente, o que nos fixo imaxinar máis os mal pensados na posibilidade de divorcio (sempre deportivamente falando) da parella gañadora da edición anterior.

A Jesús e Xavi pouco lles duraría esa posición de privilexio, os Manueles estaban o acecho e no primeiro zarpazo, o virar na primeira boia, sobrepasaron duo de cabeza. Según foi avanzando a manga, Jesús e Xavi foron perdendo posicións ata chegar os últimos a meta.

Tampouco lles foi ben a Manuel Veiga e a Julia. Cruzaron a meta en terceira posición, co orgullo ferido dos campións. Non podemos saber é si tamén quedou danado o bloque do equipo, a confianza entre capitán e proél. Ou o que é peor esa relación de amizade que parecía ser o secreto da invencibilidade. O mar ten esas cousas, as veces nos une e as veces...

A quen non lles foi mal foi os Manueles que dominaron comodamente case tódala manga. Adquirindo unha cómoda ventaxa, polo parecia que a súa participación ia a traducirse en un doblete. Se non fora por que Javier e Benito no último tramo de empopada, encontraron unha corrente de aire que os desfilou diante dos Manueles, non podendo estes nada máis que contenplar as súas lanas caidas dos obenques. Ese aire durou o suficiente para perder a primeira posición, e cando nas súas velas voltaron a formarse as convexidades e concavidades, que tan útiles son para impulsar os barcos, acercaronse perigosamente de novo a Javier e Benito, presionandoós ata a boia de meta, onde os Manueles tentaron colarse polo mínimo oco que Javier e Benito lles deixaron entre eles e a boia, pero que non foi suficiente, tocando finalmente a boia e non obtendo a preciada primeira praza.

Javier e Benito obteron así a primera praza na segunda manga, dando premio a constancia e a paciencia. É de destacar a importante evolución do equipo de Javier, que o ano pasado non eran quen de rematar as regatas, só nas últimas conseguian o obxectivo de chegar a meta. Co paso do tempo e a base de competir no campionato fixo que a sua mellora fora tan importante como para estar en condicións de gañar unha manga. Esto nos fai pensar que xa non hai equipos pequenos e que calquera pode levarse o campionato. Tamén nos enorgullece pensar que o obxectivo do campionato, que entre outros é mellorar as capacidades de navegación dos participantes, se está cumplindo. Felicidades equipo.

Este resultado une o equipo de Manuel Vidal (que esperemos que na final poda dispoñer do seu proel Lorezo de Benito) os noutros dous finalistas xa clasificados para a disputa da final.

Noraboa

No hay comentarios:

Publicar un comentario