domingo, 5 de julio de 2009

Final amargo

Cando as 23:30 da noite repousamos os nosos corpos na cadeira do Bar de Luis dispostos a cear, rematando a xornada, comezamos a sentir o fin da final. Pero unha hora antes non poderíamos estimar a hora de remate do evento, por unha sucesión de incidentes que fixeron o dia eterno, e para case todos, execeptuando os gañadores, algo amargo.

Pero vaiamos o estritamente deportivo. Na hora do sorteo dos barcos nas instalacións do Clube Náutico Cobres o vento era praticamente inexistente. Benito na súa desesperación, ante a falta de vento e de persoal (todabía non chegaran parte dos finalistas), chegou a propoñer medio en broma medio en serio que sacáramos as pirágüas. "Home de pouca fe", comenteille eu, "seguro que o final temos vento". Eu creia que ia subir a intensidade do vento, pero tampouco pensei que fora o día máis acidentado, chegando incluso a rotura do material.

Ademais do vento, que sería xuiz da segunda manga, o outro elemento que dificultaría a regata final foi a colocación das boias. O vento viña do nordes, é o triángulo se puso medio o abrigo do monte Cabalo. A primeira boia e a de saída estaban en liña coa canal de que forma punta Cabalo e as illas San Simón, mentres que a terceira estaba non moi lonxe dos pantaláns do porto de Sta Cristina. Con esta colocación, chegar a boia que marcaba o final do tramo de cinguida era realmente dificultoso. Un triángulo para nota, digno dunha final.

Con esas condicións só os mellores poderían sair triunfantes de tal situación. E asi foi. Xabi e Jesús foron os que sacaron máis partido o barco, aproveitar mellor as condicións atmosféricas e interpretar máis intelixentemente a situación de carreira para gañar as dúas mangas con autoridade. De esta forma asinaron a súa mellor actuación no campionato, o cal empezaron de forma discreta, clasificandose no último posto que daba acceso dende a repesca. É de destacar que é un dos poucos equipos onde rotarón de patrón, María, Jesús e Xabi levaron en algún momento a caña, o que o fai máis meritorio.

Manuel e Julia, os campeóns da pasada edición, conseguiron o meritorio segundo posto do campionato. Eles tiñan a desvantaxe de ser os últimos en elixir o material e lles tocou o casco que ninguén quería. Pero os bos navegantes o son ata enriba dunha cascara de noz, lle sacaron todo o partido posible o barco e, por suposto, navegaron intelixentemente nunhas condicións bastante complicadas o que lles reportou dous segundos postos. Confirmaron que son sempre candidatos para o primeiro posto.

Benito e Alberto ocuparon o terceiro lugar, con dous terceiros postos nas mangas. O tramo de cinguida non se lles deu ben, o cal lles impediu optar a mellores postos. Foron os únicos que non volcaron, pero esto non lles permitiu entrar no corpo a corpo para a loita do primero posto, o cal os deixou insatisfeitos e con gañas de rebancha.

Os cuartos foron Manuel e Lorenzo que tiveron un discreto quinto posto e un cuarto na primeira e segunda manga. Na primeira manga sairon moi retrasados e nunca chegaron a entrar en carreira. Na segunda manga tiveron a súa oportunidade cando se encontraron con Manuel e Julia volcados na trasluchada da terceira boia, pero a racha nese lugar estaba soprando para todos e eles tamén foron o auga nese lugar.

Esa mesma boia, ese mesmo vento, tamén foron os que marcaron o posto da segunda manga para Manuel e Jose Luís. Cando tiñan que pasar pola terceira boia, puderon ver como os seus antecesores (Manuel-Julia e Manuel-Lorenzo) volcaban o facer a trasluchada. Eles apreciando que o vento era demasiado forte intentaron a manobra de virada por avante. O intentaron por duas veces, pero o no conseguilo e vendo que perdian as posibilidades de aproveitar o erro das duas tripulacións a remollo decidiron trasluchar. Pero como non hai dous sen tres, acabaron tamén no auga, coa mala sorte de que romperon o cáncamo da trapa, forzando o seu abandono. Na primeira manga obtiveron un discreto cuarto posto, sen ter opción en ningún momento.

A partires dese momento comezou o calvario, a marea moi baixa, roturas de material, barcos cheos de auga e sendo xa tarde a recollida se eternizou. Os últimos foron Manuel e Lorenzo que fundiron o barco e foi necesaria axuda "divina" para que chegaran a porto.

Entre a dificultade da regata e a da recollida só había tres persoas exultantes na cea: Xabi, Jesús e María, os fachendosos campeóns. O resto só nos consola pensar que haberá outra ocasión.

Felicidades os campeóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario